Saúde Mental FEAFES Galicia
Traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias.
- 💼 80 persoas cun problema de saúde mental participaron o ano pasado no noso programa "Creando Redes", financiado pola Fundación ONCE ℹ️ Este proxecto busca conectar ás persoas con discapacidade por enfermidade mental co tecido laboral. Coñece o programa ⬇️ feafesgalicia.org/gl/novas/cre...
- ⚽⚽ Onte presentamos en Vigo, na sede da Real Federación Galega de Fútbol, unha nova temporada e un novo formato da liga de fútbol sala "A Nosa Champions". feafesgalicia.org/gl/non-categ...
- 42 xogadoras e xogadores reuníronse o pasado venres en Noia para desputar o XXII Torneo de Tenis de Mesa que organizamos en colaboración coa Asociación A Creba en colaboración coa Sociedade Liceo de Noia. feafesgalicia.org/gl/non-categ...
- Comezan as accións formativas pertencentes ao catálogo do SEPE para as 100 persoas participantes do noso Programa Integrado de Emprego, financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración eo Servizo Público de Emprego Estatal . feafesgalicia.org/gl/novas/for...
- 🏓O vindeiro venres 30 de xaneiro terá lugar o primeiro torneo de tenis de mesa do ano. 🏆Organizado en colaboración coa asociación @A_Creba e o Liceo de Noia, a xornada contará con máis de 40 deportistas das nosas asociacións.
- O pasado venres, Patricia e Gabriel, da delegación de Vigo, estiveron no Colexio LAR falando co alumnado do módulo de Inserción laboral sobre o traballo que facemos no ámbito da orientación laboral.
- 📢 Iniciamos un novo proceso de selección!!! 🔎 Buscamos unha persoa para o posto de orientación laboral na nosa delegación de Vigo. ℹ️ Consulta os requisitos e envía o teu CV antes do xoves 29 de xaneiro a ✉️vigo@feafesgalicia.org feafesgalicia.org/gl/novas/nov...
- ⚖️ Desde o 2003 Saúde Mental Feafes Galicia ofrece un servizo de Asesoría Xurídica gratuíta para persoas con problemas de saúde mental, as súas familias e profesionais do noso movemento asociativo. feafesgalicia.org/gl/novas/mai...
- A finais de ano, o equipo de profesionais do noso servizo de Asesoría Xurídica realizaron dúas charlas para as persoas usuarias da asociación Andaina e as súas familias nos centros de Dodro e Ordes
- 💻Desde xaneiro e ata marzo, en Saúde Mental FEAFES Galicia estaremos realizando o programa "Dixitalízate para o emprego" co apoio da Confederación SALUD MENTAL España feafesgalicia.org/gl/novas/dix...
- O pasado mércores 17, as compañeiras Carina Fernández, coordinadora da Área de Atención Integral; e Cristina Rivas, Orientadora Laboral e Referente da delegación da Coruña; impartiron unha charla formativa online para o persoal do Servizo de Orientación Laboral de @empregogal
- ❄️Desde @feafesgalicia.bsky.social querémosvos desexar un bo final de ano e un mellor comezo para o 2026. ✨Compartimos con vós os desexos das nosas persoas usuarias para o novo ano. ✨ 💫E ti, que lle pides ao novo ano? Cos nosos mellores desexos: Feliz 2026!❤️💚🧡 #feliz2026 #bonadal
- ℹ️ Grazas ao apoio da @depo_es , desde xaneiro do 2022 en Saúde Mental FEAFES Galicia levamos a cabo o programa de "Atención Integral a Mulleres cun problema de saúde mental". feafesgalicia.org/gl/novas/60-...
- O noso desexo? Que non falte a saúde mental. Bo Nadal! 🎄💚
- 🗣️"Grazas a este traballo encontrei amizades, son capaz de desenvolverme mellor, traballo e gaño cartos. Estou ben".- Manuel Márquez. 👉🏻Desde o 2017, Andaina Pro Saúde Mental xestiona un CEE para persoas con problemas de saúde mental en Dodro. feafesgalicia.org/gl/novas/zum...
- 🏓44 xogadoras e xogadores participaron no XXI Torneo de Tenis de Mesa pola saúde mental que organizamos xunto con Always Tenis de Mesa 🏆Salustiano Rivera, da asociación Alume proclamouse campión deste torneo Parabéns a todas as persoas participantes! feafesgalicia.org/gl/novas/xxi...
- 🎓Onte celebramos a clausura do Proxecto Practicum. Nesta iniciativa, confinanciada pola @depo_es , as persoas con problemas de #saúdemental poden mellorar as súa empregabilidade, acostumarse a un entorno de traballo e realizar prácticas non laborais. feafesgalicia.org/gl/novas/fin...
- Seguimos camiñando cara a inclusión social das persoas con problemas de #saúdemental. 👉🏾110 persoas desempregadas, en risco de exclusión e con problemas de saúde mental participan no noso programa de Inclusión Social no que buscamos que acaden estabilidade laboral e social.
- ☂️Hoxe, 3 de decembro, reunímonos un ano máis para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade na iniciativa "Baixo o Mesmo Paraugas" de #GaliciaDiversa, que este ano ademais celebra o seu décimo aniversario. #Xente10 #Discapacidade #diamundialdiscapacidad
- ➡️A semana pasada en Vigo, o noso compañeiro Daniel Lomba impartíu unha formación para os Coidadores de Barrio, un servizo xestionado pola Empresa de Inserción Laboral Cormo Integral que busca mellorar a calidade de vida das persoas que están en situación de vulnerabilidade. 🤝
- A exclusión social é un fenómeno multidimensional que afecta gavemente ás persoas con problemas de saúde mental. Para reverter os procesos de exclusión social @feafesgalicia.bsky.social a e as entidades asocidadas puxeron en marcha o programa “Pendentes de ti”. feafesgalicia.org/gl/novas/pen...
- 📲 A semana pasada, Fundación MAPFRE organizou o Evento Actívate para toda España. Varias persoas usuarias de @FEAFESGalicia e das asociacións Saúde Mental Ferrol, Aspaneps e Andaina, asistiron telemáticamente a esta xornada sobre intelixencia artificial.
- 👉"Cada persoa é única, ten competencias, habilidades e cualidades, e isto é o que a converte nunha traballadora máis. A súa enfermidade é unicamente unha condición que non a define nin como persoa, nin por suposto como traballadora” feafesgalicia.org/gl/novas/o-c...
- Desde este luns, Nerea e Patricia, usuarias dos nosos programas, están a participar no "VIII Foro Social de Mulleres con Discapacidad. Mujeres valientes, mujeres sin límites", organizado por @FCERMIMujeres y @CERMICV en Valencia. #MujeresSinLímites #VIIIForoDiscapacidad #25N
- Reposted by Saúde Mental FEAFES Galicia[Not loaded yet]
- 💼 Un ano máis poñemos en marcha o Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2025/26, financiado por @empregogal da @Xunta e o @empleo_SEPE