Miguel Vieito Villar
Investigador en Dereito, transfeminista, gamer, nacionalista, avogado en exercicio, asocial, concelleiro e vivo no rural.
Sen orde nin prelación neses elementos.
- En datos do Colexio de Rexistradorxs, a vivenda está no seu prezo máis alto da serie histórica, e custa máis do dobre que no 2014. Só en 2025, o prezo subeu case un 10%. Non abonda con medidas tímidas se o que se quere é influir sensibelmente neste escenario.
- Inclúense participacións doutrxs artistas galegxs pero cuxo repertorio é íntegro en castelán. A mensaxe está clara...
- Só lembrar que.o tipo de Telegram é tamén este. Por se acaso. Que un multimillonario vaia de protector dos dereitos civís... En fin. elpais.com/internaciona...
- Este tipo de novas... a min déixanme mal sabor de boca. Porque por un lado... ben, pero por outro, se ninguén di nada, alá vai na lista e se cola, colou. enfoques.gal/sociedad/ros...
- 20.000€ de multa e prohibición a contratar coa Administración catalá durante 5 meses, por difundiren mensaxes de odio contra das persoas trans. Oxalá moitas máis resolucións no mesmo sentido.
- Reposted by Miguel Vieito Villar[Not loaded yet]
- Quen fora Decano da Facultade de Dereito da USC, alma mater. Discursos excluíntes, actitudes fóbicas e discriminación. Sen comentarios. www.elcorreogallego.es/santiago/202...
- Sabendo que é un debate complexo, con moitos puntos de vista e voces que escoitar, dúas reflexións: -Xa o estaban antes dos 13 e iso nunca impediu que as usaran masivamente. -Espero que sexa unha de moitas medidas de regulación no espazo dixital. Oxalá tamén decisión e coto ao odio en redes.
- Hoxe é o día internacional de "en gallego no, gracias?" Órgano xurisdicional no que teño DEREITO a presentar escritos en galego: -Que teño 5 días para llo presentar traducido ao castelán. Non digo que órgano é nin quen asina o escrito pero é algo totalmente surreal.
- Un lembrete, dende a Avogacía, para paxariños e paxariñas: separación de bens.
- Un establecemento: -Sito nun Concello de 3.500 habitantes -Que recibe fondos Xunta -As persoas titulares legais, tituladas pola USC (polo menos 4-5 anos na Galiza botaron). Seguramente sexan galegxs E nin así. Que "non ten interese"... pois que ben.
- Escribo, como avogado, a un establecemento sito en Galiza pedindo un orzamento para un ditame. Resposta: -"No soy gallego parlante y, de momento, no tengo interés en aprenderlo. Deberá buscar algun compañero que domine ese idoma." Calquera día deixaría o tema estar. Hoxe non.
- Tipo de nova que nunca ides ver na TVG nin escoitar na Radio Galega... poño cartos.
- Reposted by Miguel Vieito Villar[Not loaded yet]
- Amais ditso... Cae abaixo a revalorización das pensións, a paralización de desafiuzamentos... e outras medidas sociais. praza.gal/politica/fei...
- A nova non é a cifra. A nova é que a Xunta non atendeu de xeito suficiente un caso de acoso escolar. (Como é costume).
- Vimos o de Andalucía cos cribados e moitas persoas se indignaron (con razón). Na Galiza temos peores decisións na Sanidade Pública, pero que pasan máis desapercibidas. Ollo a esta que é unha das máis graves que teño visto nos últimos anos... (FÍO).
- O SERGAS, en concreto o CHUS, dase conta que ten milleiros de ecografías pendentes e que iso lastra os datos das listas de agarda. Contratará máis persoal? Incrementará a dotación para Radioloxía? Non. Deriva á privada, pagando por suposto. Pero decátanse que con iso non é abonda.
- O prazo de resolución dun recurso de reposición administrativo é un mes (art. 124.2 da Lei 39/2015). Onte notificáronme a resolución dun que interpuxen en 2023. Nin sequera falamos do atraso da Xustiza, pois isto non era un Xulgado. Cada quen que tire as súas propias conclusións...
- Reposted by Miguel Vieito Villar[Not loaded yet]
- Neste enlace podedes ver o tráiler de "Alén dos silencios", o novo documental de Carmen P. G. Granxeiro. Unha grandísima profesional do noso audiovisual, sempre con propostas comprometidas, de profundidade e de moito interese. Agradécese difusión ^^
- A TVG na tele. Non a puxen eu. "Cuba sofre unha crise [non sei que]... Non é culpa de ningún factor externo, senón de 60 anos de dictadura comunista". Xusto antes de gabar o ben que lle ía a Cuba grazas ao pasado colonial. Porfavor... quero berrar moito e moi forte.
- Telexornal da TVG. Non o puxen eu. Falan do accidente ferroviario. Primeira peza: fala Feijóo antes que ninguén (antes que o Ministro) e fala en dúas ocasións. Segunda: fala Tellado ben máis tempo que Sánchez. Xa dixeron 6-7 veces a palabra "demisión". E así como todo...
- Desexando ver en que acaba o da Fiscalía en España sobre este asunto. E impresionado tamén pola cantidade de xente que segue en malia isto (e todo o demáis).
- Reposted by Miguel Vieito Villar[Not loaded yet]
- Reposted by Miguel Vieito Villar[Not loaded yet]
- Déficit de case 12.000 prazas residenciais na Galiza e a culpa é da xente, que envellece por riba das súas posibilidades. No Grupo temos escoitado que a culpa da mala calidade da auga e dos cortes no subministro era do río. Deus dea a quen lle botar a culpa...
- Reposted by Miguel Vieito Villar[Not loaded yet]
- Pareceume unha reflexión ben interesante e oportuna. Das de ler con pausa. "Dicir “non podo dalo todo” non é un xesto de egoísmo nin de renuncia moral. É unha afirmación ética fronte a unha cultura que confunde valor con rendemento e dignidade con produtividade"
- O grave que é isto... (O responsable de RiberaSalud no Hospital este de Madrid agora dirixe POVISA en Vigo. Lembremos sempre).
- Xente de "ideoloxía nazi" á que se detén, entre outras cousas, por incitación ao odio e á discriminación. Oxalá do outro lado da fronteira viramos detencións deste estilo no número en que son necesarias...
- A medida responde á función social da propiedade. E, se se bucea na xurisprudencia do TS e do TC, hai argumentos e apoios mesmo sorprendentes na mesma liña; con pronunciamento moito máis "progresistas" do que ninguén imaxinaría. Pero falta vontade política para tomar ningunha medida efectiva.
- Algo que me "encanta" do meu traballo é ter que estar diante dalguén que te insulta, que che falta ao respecto, que te trata con paternalismo e desprezo... E ter que estar calado e non poder dicir nin palabra. Rirlle as grazas, calar e desculparse aínda por riba... 🤬🤬🤬
- Lía hai uns días a alguén da patronal inmobiliaria dicindo que faltan vivendas. Non é certo. España ten 563 vivendas por cada mil habitantes. (A media europea son 514). E en datos INE o tamaño medio dos fogares é de 2,5 persoas por casa. elordenmundial.com/mapas-y-graf...
- Nos últimos días recibín varias mensaxes e comentarios deste tipo: -"Te contesto en castellano. Entiendo el gallego y no tengo inconveniente alguno en que me hables en ese idioma" Unha parte de min pensa: ostras, que amábel por "permitirme" falar na miña lingua. Que considerada. (Sarcasmo). ¬¬
- Reposted by Miguel Vieito Villar[Not loaded yet]
- Telexornal da TVG (non o puxen eu): -Mercosur, sen mínima mención á postura do PP. -Feijóo -Portugal: o Bloco de Esquerda parece non existir. -Venezuela: imaxes do chulo que foi o dispositivo para sacar á Corina do país no seu día. -Cuba: entrevista a cubanxs na Galiza. Sen mención ao bloqueo.
- Elena Candia (aspirante do PP a presidir a Deputación de Lugo e Vicepresidenta do Parlamento galego), é quen de ir un día ás tratoradas de Lugo e dicirlles xs gandeirxs que xs apoia e, días despois, votar no Parlamento a favor do Acordo. Consistencia ante todo. www.bng.gal/articulo/nov...
- Lede, sempre que poidades, á Rosa Cerqueiro.
- Post de servizo público: non quedar cos Bizums mal feitos, porfavor. Esta sentenza de Cambados di que quedar cun Bizum de 35,2€ é un delito de apropiación indebida e condena a pagar 900 de multa. blog.elabogado.com/blog/2026/01...
- Ás veces o mundo xurídico ten unhas maneiras de se expresar que me parecen tan, pero tan ridículas... "Sería desexábel"... vaia... non me digas!? www.idealista.com/news/inmobil...
- O incremento medio dos salarios: 3,35%. O do prezo da vivenda na Galiza: 6,2% Os prezos suavizan nas zonas tensionadas, pero de 120 Concellos que cumpren criterios na Galiza, só hai 1 con ela. Pero axudemos ás/aos propietarixs, porfavor... 🤷 www.lavozdegalicia.es/noticia/econ...
- Arquivar significa que non se condena a ninguén e que nin sequera se chega a xuízo. Polo que se le na nova, xa se intentara arquivar con anterioridade argumentando que como era un lugar público, elas o buscaron. A Xustiza. Pois vaia.