Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é unha entidade de dereito público, creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia, que agrupa e pon en contacto os e ás xornalistas de Galicia e defende os dereitos da profesión.
- O CPXG abre a convocatoria do XXII #PremioXornalistas de #LiberdadedePrensa, que recoñece o traballo dunha persoa ou organización destacada na defensa da liberdade de prensa. Pódense presentar candidaturas ao galardón dende hoxe ata o martes 3 de marzo ás 14:00. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- Mañá martes é o último día para inscribirse na xornada de formación gratuíta para colexiadas/os, que terá lugar o sábado 31 no Cersia de Santiago, destinada a formar os equipos do CPXG para impartir de maneira remunerada obradoiros de #alfabetizaciónmediática. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- 📢Queres impartir obradoiros de #alfabetizaciónmediática de maneira remunerada? O Colexio organiza o sábado 31 en Santiago unha xornada de formación gratuíta da que sairá a bolsa de formadoras/es. Xa se está a traballar en talleres nas provincias da Coruña e Lugo. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- Unha nova xornada de formación en #alfabetizaciónmediática, gratuíta para colexiadas/os, terá lugar na mañá do 31 de xaneiro no Cersia de Santiago. A formación busca crear os equipos do Colexio para impartir obradoiros e ten aberto o prazo de inscrición até o 27. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- 📢📢📢 O mércores 31 de decembro remata á promoción polos #25AnosDoCPXG, grazas á cal podes colexiarte sen o pagamento dos gastos iniciais. Se aínda non formas parte do Colexio de Xornalistas, aproveita e coléxiate para contribuír á defensa da profesión! buff.ly/3oJtzjf
- A Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas lamenta profundamente o falecemento do colexiado Francisco Varela Cachaza, redactor de 'La Voz de Galicia' en Ferrol por máis de 40 anos, e traslada as condolencias da profesión á familia e persoas achegadas. lavozdegalicia.es/amp/noticia/...
- #25AnosDoCPXG O 15 de decembro de 2008, a Asemblea Xeral do CPXG aprobaba o #CódigoDeontolóxico da profesión, que o xornalista "debe defender e aplicar rigorosamente" para garantir o dereito da sociedade a recibir unha información plural, veraz e independente. www.xornalistas.gal/colexio/codi...
- Este sábado, a demarcación da Coruña do Colexio de Xornalistas xuntou en #XornalistasNoMercado, coa colaboración de A Parva, as xornalistas coruñesas entrevistadas en #ACrónicaRevelada: Isabel Bravo, Cristina Lombao e Carmen Merelas, nun debate moderado por Dolores Vázquez.
- A presentación de 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', publicado polo CPXG coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a @facom-usc.bsky.social, un "acto de amor" a #NachoMirás, un profesional "que quería contarlle á xente o que lle pasa a xente". www.xornalistas.gal/novas-evento...
- Nunha hora comezamos na @facom-usc.bsky.social a presentación de 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', un libro homenaxe a #NachoMirás, elaborado polo Colexio de Xornalistas coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade. xornalistas.gal/novas-evento...
- Mañá, venres 12, preséntase na @facom-usc.bsky.social 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', un libro con textos de #NachoMirás, elaborado polo CPXG coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade, que serve de homenaxe ao xornalista. xornalistas.gal/novas-evento...
- O ciclo #XornalistasNoMercado', organizado pola demarcación da Coruña do CPXG coa colaboración de A Parva, regresa o sábado ás 12:00 ao mercado de San Agustín coas coruñesas entrevistadas en #ACrónicaRevelada: Isabel Bravo, Cristina Lombao e Carmen Merelas. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- #25AnosDoCPXG O 8 de decembro de 2002, a Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas denunciaba o apagamento informativo imposto polas autoridades estatal e galega en relación á cobertura da marea negra causada polo naufraxio do #Prestige buff.ly/6GjFMMV
- A @facom-usc.bsky.social acolle o venres 12 a presentación de 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', un libro elaborado polo CPXG, coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade, que recolle textos de #NachoMirás e serve de homenaxe ao xornalista www.xornalistas.gal/novas-evento...
- O Colexio de Xornalistas publica o informe 'A #intelixenciaartificial nos medios de comunicación', que inclúe un decálogo sobre o uso da #IA no xornalismo 🧵. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- O CPXG, @concellopontevedra.bsky.social e o Culturgal celebraron o sábado o Encontro de xornalismo cultural, con Marta Gómez, @belamistura.bsky.social, @tamaricah.bsky.social, Ramón Rozas, Iolanda F. Casal, @sancarnota.bsky.social, Sonia Díaz, Alejandro Espiño, Susana Regueira e Carme D. Prol.
- 🚨🚨🚨 Este mes de decembro é o último para aproveitar a promoción dos #25AnosDoCPXG, grazas á cal podes darte de alta no Colexio de Xornalistas sen pagar gastos iniciais de colexiación. Se aínda non estás colexiada/o, apura! 🏃 www.xornalistas.gal/novas-evento...
- O Colexio de Xornalistas e a Asociación de Fotoxornalistas esixen ao Concello de Ourense que non limite a toma de imaxes nos plenos. Esta medida non só restrinxiría inxustificadamente o dereito á información, senón que é contraria á lexislación. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- #25AnosDoCPXG O 30 de novembro de 2015, o Colexio de Xornalistas convocaba seis prazas para impartir os obradoiros da 1ª edición de #XornalismoNaEscola. Comezaba así este programa de alfabetización mediática que levou durante 6 anos a comunicación ás aulas galegas www.xornalistas.gal/novas-evento...
- #25AnosDoCPXG Hai 6 anos, o CPXG celebraba a xornada #Desinformación e ameazas á liberdade de expresión, con expertos como Paolo Berizzi, @minipetite.bsky.social ou @edithrcachera.bsky.social, para responder ao aumento dos extremismos e as noticias falsas. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- María Guerra e @angelsuanzes.bsky.social debullaron onte en Pontevedra os pormenores da información cinematográfica, na conversa 'Informar sobre cine' 🎥, organizada polo Colexio de Xornalistas, o Concello de Pontevedra e a AICE dentro da programación dos @premiosferoz.bsky.social.
- O Colexio de Xornalistas dispoñibiliza as gravacións da xornada e os seminarios 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', organizado coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da @facom-usc.bsky.social. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- Hoxe ás 19:00, na Casa da Luz de Pontevedra, o CPXG, o Concello de Pontevedra e a AICE organizan a conversa aberta 'Informar sobre cine', con María Guerra, @angelsuanzes.bsky.social e @andreavife.bsky.social, dentro da programación dos @premiosferoz.bsky.social. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- #25AnosDoCPXG O 25 de novembro de 2007 celebrábase no Pazo da Cultura de Pontevedra a xornada presencial do Foro sobre Comunicación e #Xénero, o primeiro dos organizados polo Observatorio dos Medios do Colexio de Xornalistas, e presentábanse as súas conclusións: www.xornalistas.gal/biblioteca/r...
- No #25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Colexio de Xornalistas insiste na importancia da formación para combater as #violenciasmachistas desde as redaccións. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- O auditorio da @facom-usc.bsky.social acolleu a xornada 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', organizada polo CPXG coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da Facultade, que explorou as posibilidades do xornalismo alén dos medios. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- O CPXG realizou en La Voz de Galicia, da man de Fátima Frieiro, o último dos 5 obradoiros sobre tratamento das #violenciasmachistas nas redaccións. Esta experiencia está organizada grazas ao convenio coa Consellería de Politica Social e Igualdade. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- En media hora comeza a xornada 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', organizada polo Colexio de Xornalistas coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da @facom-usc.bsky.social. Se non podes achegarte, podes seguila en streaming aquí:
- O vindeiro mércores 26, o Colexio de Xornalistas, o Concello de Pontevedra e a AICE organizan a conversa 'Informar sobre cine'. Ás 19:00 na Casa da Luz de Pontevedra, con María Guerra, @angelsuanzes.bsky.social e @andreavife.bsky.social. Inscríbete aquí para poder asistir: forms.gle/e2h219RDqq2t....
- Este xoves 20 ás 10 o Colexio de Xornalistas celebra no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, a xornada 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da @facom-usc.bsky.social. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- O CPXG, o @concellopontevedra.bsky.social e o Culturgal organizan o sábado 29 ás 11:00 un Encontro de xornalismo cultural na Sala VIP do Pazo da Cultura de Pontevedra, que reunirá algunhas das principais voces da información sobre cultura da nosa comunidade. www.xornalistas.gal/novas-evento...
- Con moita experiencia na comunicación de proxectos e festivais, @andreavife.bsky.social traballa no Carballo Interplay e forma parte de @elasticafilms.bsky.social. Estará na conversa Informar sobre #cine do CPXG, o Concello de Pontevedra e a AICE. O día 26 ás 19:00. Inscríbete: buff.ly/x7WcPMm
- O xornalista @angelsuanzes.bsky.social realizou información de cine na @tvgalicia.bsky.social por case 20 anos, e agora traballa na Radio Galega. Será o 2º convidado a Informar sobre #cine, a conversa do CPXG, o Concello de Pontevedra e AICE o 26 en Pontevedra. Apúntate: forms.gle/e2h219RDqq2t...
- A presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España e directora/presentadora de La Script, María Guerra, participará o xoves 26 da conversa Informar sobre cine, organizada en Pontevedra polo CPXG, @concellopontevedra.bsky.social e a AICE. Inscríbete aquí: buff.ly/x7WcPMm
- O vindeiro xoves 20, entre as 10:00 e as 14:00, o CPXG celebra na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a xornada A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia, coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da @facom-usc.bsky.social. Inscríbete: forms.gle/m6K7rWLNGgN8...