Como sempre, a escusa de "protexer ás infancias" usa-se para introducir a lexislación máis reaccionaria posible desde un goberno en teoría progresista.
Como pensades que as redes sociais van saber se tes máis de 16 anos?
Prohibir las rrss a menores de 16 es la típica cosa que parece buena idea desde lejos, pero en la realidad supone renunciar a regular a las empresas y obligarlas a generar espacios seguros.
Promesa de virginidad digital de los chavales porque los adultos no le doblamos el brazo al tecnofascismo.
Esta lexislación xa está pasando en países como EEUU ou Reino Unido, e na práctica requiren que ou:
a) tes que subir uma foto do teu DNI ou
b) tes que habilitar a cámara para que che escanee a cara e mediante IA determine a túa idade (que btw non funciona e iso é outro melón a parte)
Feb 3, 2026 15:51En todo caso é un pesadelo de protección de datos, tanto nos casos nos que se filtren (que pasa de forma habitual) como cando as webs as compren empresas (ou axencias estatais) que terán acceso aos teus datos biométricos para o que queiran.
Ademais cando se analiza uma lei hai que analizar tamén a tendencia legal, nos países nos que se implantou esta medida sempre seguen outras, que requiren esta identificación en outro tipo de webs que se consideran "non apropiadas para menores"
Agora mesmo WIKIPEDIA está metida numa batalla legal contra o goberno de Reino Unido, porque se lle esixe que pidan identificación
www.bbc.com/news/article...
Wikipedia legally challenges 'flawed' online safety rules
It argues the regulations could threaten the privacy and safety of Wikipedia's volunteer contributors.
Por non falar de que a premisa inicial na que se basea esta lexislación é pseudocientífica. Os estudos reais que analizan a saúde mental de adolescentes con acceso a redes sociais recollen que hai unha correlación entre ter perfís en redes e ter MELLOR saúde mental. Para persoas queer é obvio:
Quizá a mí me preocupa especialmente que se prohíba a los menores acceder a redes sociales porque sé lo que es ser adolescente de pueblo, marica, tener pocos amigos en el instituto y encontrar tu única comunidad en internet. Es una medida que hará mucho más daño a los más marginados.
o que hai é uma mala praxe na comunicación científica e un uso interesado da información. Atópase que a xente con depresión usa rrss máis horas ao día, ahí xa entra unha variable de tipo de uso, non entre ter rrss ou non. E os estudos non din que a xente estea deprimida POR estar máis en redes
Precisamente o que opina a xente que estuda este fenómeno, é que o tempo excesivo en redes sociais é consecuencia de estar deprimido. Se non saes de casa e non fas plans sociais, que outra cousa vas facer se non miras redes?
Pensades que prohibirlle as rrss a alguén nesa situación vai ser positivo?