David Lombao
Xornalista galego. De Lugo. Conto cousas. Algunhas, en Praza.gal.
- O #VinteNaVila agora tamén se escoita Tras un pequeno experimento o ano pasado, xa está en @vinte.praza.gal o primeiro #OuvinteNaVila. Con Vanesa Vázquez, @belamistura.bsky.social e @mvizaguirre.bsky.social por Vilagarcía, O Courel e Antas :)
- 🔊 Podcast | O primeiro episodio de Ouvinte na vila defende o “xornalismo de corredoiras” 👉 Na estrea do podcast #OuvinteNaVila falamos sobre Antas de Ulla, Folgoso do Courel e Vilagarcía de Arousa 🤝 Co apoio de Caixa Rural Galega 🎧 Podes escoitar aquí o programa: 🔗 vinte.praza.gal/artigo/o-pri...
- Máis sobre a dificultade de poñer a andar unha maquinaria despois de tela parada 15 anos Os plans de vivenda pública en marcha son moito máis potentes que todo o feito dende 2009. Tan certo como que cobren o 20% da demanda de vivenda protexida. Datos:
- A gran cuestión é que temos a información secuestrada por esta tropa. Basicamente porque llela fomos dando voluntariamente (máis ou menos). Das mensaxes persoais ás noticias. A alternativa pasa -tamén- por ter webs propias aloxadas aquí e retecer comunidades. Niso andamos. Non é doado nin rápido.
- 👌Se prefires ter as informacións de Praza sen permiso de ningún algoritmo (e con acougo) Se a 🔴ÚLTIMA HORA permanente te abafa 📩Recibe as nosas noticias cada mañá nun só correo ↪️Subscríbete aquí de balde 🔗 i.gal/boletinpraza
- 30 anos, unhas cantas fundacións, xerencias e asimilados despois, adeus ás comarcas que nunca foron. (E, sobre todo e máis importante, seica á posibilidade dunha política territorial que o Estatuto contempla. Pero o Estatuto non din nada de querer facer)
- Concordo e lémbrame bastante unha discusión de hai uns anos na que algúns defendiamos que o foco dunha información tiña que ser o determinado empresario que mandaba agasallo a cargos políticos e non tanto un ou dous receptores, dos que non había maior proba de manobras concretas a prol del
- No día contra o cancro: sempre a prol da investigación e da sanidade pública. Sempre en contra do retrato da batalla e dos medios que o resto do ano falan da "longa enfermidade", como se fose unha vergoña
- A Xunta poderá impoñer a anexión dun concello en crise por outro saneado que acepte. Novidades dun anteproxecto que vén de botar a andar e que hoxe explicamos en @praza.gal
- Que sorpresa, o ton e o que non é o ton
- Como di a rapazada: "Told you" praza.gal/politica/dev...
- Dúas noticias xuntas, etc. praza.gal/politica/unh...
- É imposible, a estas alturas, que calquera que tivese responsabilidades en Galicia en 2013 poida afirmar agora sen mentir que o de Adamuz foi o peor accidente da alta velocidade ata o momento.