A depresión é un problema social, non só clínico. En Galicia, a medicalización do malestar, con sesgo de xénero, oculta causas estruturais como a precariedade, a vivenda ou a desigualdade. Sen políticas públicas, non hai coidados reais.
Jan 14, 2026 17:05As mulleres e a mocidade concentran o impacto deste sufrimento, que medra en idades cada vez máis temperás e revela unha crise profunda das condicións de vida e de coidados en Galicia.
A saída pasa por reforzar os servizos públicos e actuar sobre as causas do malestar, non só sobre as súas consecuencias, con políticas que garantan dereitos e reduzan desigualdades.