Maos Innovación Social
Proxectos de proximidade
Xestión cultural • Comunicación
Deseño gráfico • Edición como @catroventos.gal
https://maos.gal | +34 694 401 505
- 2x1! Coñece a Emilia Pardo Bazán e apoia un proxecto pioneiro con 10 € 💖 A Pardo Bazán fixéronlle caricaturas rindo da súa gordura. Nós imos redescubrila como muller polifacética, envolta na polémica, case sempre por ser muller escritora con opinión propia. 👉 Consigue praza en i.gal/RazonsDePeso
- A data será acordada entre as persoas mecenas. Haberá un máximo de 2 sesións, cun mínimo de 5 asistentes e un máximo de 30.
- Outro ano máis, Maos deseñamos a estética do Festival Rosalía! 🎨 Terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela. O programa xa está dispoñíbel en i.gal/FestivalRosalia Haberá artesanía, xogos, conversas, teatro, poesía... non o perdas! ✨
- Ben sei que non hay nada Novo en baixo d'o ceo, Qu'antes outros pensaron As cousas qu'ora eu penso. E ben, ¿para qu'escribo? E ben, por qu'asi semos, Relox que repetimos Eternamente ó mesmo. — Rosalía de Castro en Follas Novas (1880)
- Nesta edición decidimos falar con Rosalía. 146 anos despois do seu poema, continuamos a crear, a traballar e a convivir en galego, coa constancia do reloxo, conscientes de que cada segundo é novo e irrepetíbel, como os seus versos. E ben, por que? Ela deunos a resposta, porque así somos.